martes, 26 de junio de 2018

PECHADO POR VACACIÓNS

REPASAR DURANTE O VERÁN OS SEGUINTES VERBOS:
XOGAR, RIR, LER, DEBUXAR, PINTAR, ESCOITAR MÚSICA, BAILAR, INVENTAR, SOÑAR, IMAXINAR, COÑECER, EXPLORAR, EXPERIMENTAR, COMPARTIR, NADAR, AXUDAR, SALTAR, COMER SAN, CREAR, ABRAZAR, CAMIÑAR, VIAXAR...

 FELIZ VERÁN, VÉMONOS EN SETEMBRO!

viernes, 22 de junio de 2018

XOGOS DE SEMPRE

Últimas fotos dos xogos que levamos a cabo no final do curso
Desprazamentos, concentración, velocidade, memoria, atención....e moita diversión!

viernes, 15 de junio de 2018

ROBÓTICA

Seguimos aprendendo a programar a DOC


XOGOS DE SEMPRE

Nesta última semana seguimos recuperando eses xogos que tan bos momentos fixeron pasar ás familias dos nosos nenos. E como podedes comprobar, os nenos tamén o pasan pipa!





Atención, concentración, forza, coordinación, colaboración,... e risas, moitas risas!

martes, 29 de mayo de 2018

Educación Viaria

Esta semana, na aula de informática, aprendemos con xogos e vídeos un pouquiño de educación viaria. O venres puxemos en práctica o aprendido no circuíto da "III Xornada de Educación Viaria" e gozamos doutras actividades: os  Bolechas ensináronnos educación viaria da man da DXT que tamén nos deixaron probar os seus vehículos; Paco da Autoescola  Barrantes ensinounos un camión de aprendizaxe e deunos una volta; Gustavo César Veloso contounos moitas cousas interesantes sobre o seu deporte, o ciclismo; merendamos, xogamos e finalizamos con moitas risas grazas á obra de marionetas "Caperucita Peatona e o Lobo Feroz"

 
 
 

jueves, 24 de mayo de 2018

XOGOS DE SEMPRE

Levamos un par de semanas poñendo en práctica os xogos dos nosos  pais,  nais, avós, avoas,... cando eran  nen@s. Aquí deixámosvos unha mostra do ben que o estamos pasando. Seguiremos xogando!





Non vai dar tempo a xogar a todos pero tentaremos levar a cabo o máximo número posible pero sempre tendo en conta o tempo de práctica necesario para que  interioricen e desfruten do xogo.

viernes, 11 de mayo de 2018

EMOCIÓNS

Ao longo deste ano tratamos a educación emocional da man do proxecto “Viaxe ao reino das emocións” desenvolvido pola Fundación Meniños. Somos conscientes da importancia e a necesidade dunha adecuada educación emocional sendo múltiples os beneficios para os nosos nenos e nenas (mellora da autoestima, resolución pacífica de conflitos, adecuada adaptación social,... Por este motivo levamos a cabo diferentes actividades incluídas no devandito proxecto:


Regulación emocional: O aire que respiras

Os ventos da calma e da tormenta (xogos con paracaídas nos que pasamos da axitación á calma)

Teño un globo na barriga ( para traballar a respiración abdominal)

Imaxina (visualización para chegar á relaxación)

Regulación emocional:  Olimpiadas alternativas

Gymkana (circuitos de dificultade crecente desenvolvendo a tolerancia á frustración)

Empatía: Entendo como te sentes
Visionado da curtametraxe de Pixar titulada “Paxariños” realizando posteriormente un faladorio sobre os temas que aparecen.

Habilidades socioemocionais: Atención ...escóitase!
Seguindo a música (bailar seguindo as indicación dunha canción para favorecer a escoita activa). Utilizamos a canción “Saúdo ao sol cantado” de Minipadmini

Sigo ao líder: xogo “O mago di...”

Resolución de conflitos: Siluetas de amizade
Cadeiras musicais cooperativas (importancia da coopereación e a amizade)