viernes, 30 de noviembre de 2018

Mes da ciencia na aula TIC

Esta semana lemos na prensa que Europa está a perder neve. Podes ver a noticia na seguinte ligazón:  Neve 

Despois propúxenlles facer un pouco de neve e eles estiveron encantados coa idea, só necesitamos auga e bicarbonato, pura diversión!
 

jueves, 22 de noviembre de 2018

Mes da ciencia na aula TIC

Esta semana lemos na prensa dixital o que lle sucedeu ao mago Pedro Volta cando realizaba un truco de escapismo nun tanque cheo de auga. Podedes ver a noticia no seguinte enlace: Mago Pedro Volta
Despois, quixemos saber canto aire temos nos nosos pulmóns.

Fabricamos un espirómetro caseiro:
1. Graduamos unha botella con axuda dun vaso de 100 ml 
2. Enchemos a botella de auga e o recipiente. 
3. Colocamos a botella invertida dentro do recipiente.
4. Intriducimos o tubo pola boca da botella 
5. Inspiramos e a espiración facémola a través do tubo, a auga é desprazada ao tanque polo aire 
6. Comprobamos a cantidade de aire que permanece no interior da botella



lunes, 19 de noviembre de 2018

O día a día na aula tic

 Todos os días entramos nos blogues do cole para lembrar as cousas que imos facendo.
 Grafomotricidade na PDI utilizando temática do noso proxecto anual
 Visionado de videocontos
 Manexo do rato
Xogos de memoria e atención con PDI e PC