martes, 30 de octubre de 2018

ADESTRANDO PARA SAMAÍN!

QUEN DIXO MEDO?
Desmitificando os medos xogando. Atrapamos monstros, lanzamos morcegos, bailamos con pantasmas e...pasámolo de medo!

viernes, 26 de octubre de 2018

A volta ao cole

Hoxe corremos para apoiar a investigación e atopar a cura á leucemia. 
Xuntos somos máis fortes

sábado, 20 de octubre de 2018

DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN

 
  A FAO móstranos neste vídeo accións para alcanzar a ⌗famecero: comer san e non desperdiciar comida, así que esta semana desde a aula TIC propoñémosvos unha receita saudable e deliciosa para que cociñedes en familia e aproveitando eses plátanos maduros que ás veces quedan no froiteiro. Utilizando a pizarra dixital interactiva (PDI) creamos unha infogragía da receita. 

Praxia fina, concentración, atención e sobre todo...traballo en equipo! 
Ribadumia A
Leiro
Ribadumia B
Lois
Sisán

Ingredientes:1 plátano maduro, 1 ovo, 30g fariña de avea, 1/4 taza de leite
Elaboración: 
1. Bater todo excepto o aceite
2. Quentar unha tixola e poñer un pouquiño de aceite
3. Botar na tixola unha cullerada da mestura, deixar que se doure un pouquiño e darlle a volta
4. Repetir o paso 3 con toda a mestura

martes, 16 de octubre de 2018

DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN

Xa sexas un empresario, un agricultor, un representante do goberno ou un cidadán que quere cambiar as cousas, as túas accións poden contribuír á 
# FameCero!

jueves, 11 de octubre de 2018

PIZARRA DIXITAL

Grafomotricidade e circo coa pizarra dixital

EDUCACIÓN FÍSICA E CIRCO


 Montamos e desmontamos o circo
Uns montan, outros desmontan, vaia enredo pero que ben o pasamos!

 Os animais de circo permitirannos traballar desprazamentos, habilidades, xogos e moito máis pero sempre inculcando actitudes de coidado e respecto cara aos mesmos.

 Hoxe aprendemos cos elefantes