martes, 29 de mayo de 2018

Educación Viaria

Esta semana, na aula de informática, aprendemos con xogos e vídeos un pouquiño de educación viaria. O venres puxemos en práctica o aprendido no circuíto da "III Xornada de Educación Viaria" e gozamos doutras actividades: os  Bolechas ensináronnos educación viaria da man da DXT que tamén nos deixaron probar os seus vehículos; Paco da Autoescola  Barrantes ensinounos un camión de aprendizaxe e deunos una volta; Gustavo César Veloso contounos moitas cousas interesantes sobre o seu deporte, o ciclismo; merendamos, xogamos e finalizamos con moitas risas grazas á obra de marionetas "Caperucita Peatona e o Lobo Feroz"


 
 
 

jueves, 24 de mayo de 2018

XOGOS DE SEMPRE

Levamos un par de semanas poñendo en práctica os xogos dos nosos  pais,  nais, avós, avoas,... cando eran  nen@s. Aquí deixámosvos unha mostra do ben que o estamos pasando. Seguiremos xogando!





Non vai dar tempo a xogar a todos pero tentaremos levar a cabo o máximo número posible pero sempre tendo en conta o tempo de práctica necesario para que  interioricen e desfruten do xogo.

viernes, 11 de mayo de 2018

EMOCIÓNS

Ao longo deste ano tratamos a educación emocional da man do proxecto “Viaxe ao reino das emocións” desenvolvido pola Fundación Meniños. Somos conscientes da importancia e a necesidade dunha adecuada educación emocional sendo múltiples os beneficios para os nosos nenos e nenas (mellora da autoestima, resolución pacífica de conflitos, adecuada adaptación social,... Por este motivo levamos a cabo diferentes actividades incluídas no devandito proxecto:


Regulación emocional: O aire que respiras

Os ventos da calma e da tormenta (xogos con paracaídas nos que pasamos da axitación á calma)

Teño un globo na barriga ( para traballar a respiración abdominal)

Imaxina (visualización para chegar á relaxación)

Regulación emocional:  Olimpiadas alternativas

Gymkana (circuitos de dificultade crecente desenvolvendo a tolerancia á frustración)

Empatía: Entendo como te sentes
Visionado da curtametraxe de Pixar titulada “Paxariños” realizando posteriormente un faladorio sobre os temas que aparecen.

Habilidades socioemocionais: Atención ...escóitase!
Seguindo a música (bailar seguindo as indicación dunha canción para favorecer a escoita activa). Utilizamos a canción “Saúdo ao sol cantado” de Minipadmini

Sigo ao líder: xogo “O mago di...”

Resolución de conflitos: Siluetas de amizade
Cadeiras musicais cooperativas (importancia da coopereación e a amizade)





martes, 8 de mayo de 2018