viernes, 23 de marzo de 2018

NOV@ COMPAÑEIR@


Comezamos unha nova experiencia na clase de informática: ROBÓTICA.
Aprenderemos con robótica realizando actividades lúdicas de inicio á programación
 utilizando robots educativos. 


Observamos, exploramos, probamos

jueves, 22 de marzo de 2018

PESCA DE ARRASTRE EN EF


Rastrillamos o fondo da ría en busca de vieiras e zamburiñas
 

Traballamos os desprazamentos, o traballo en equipo, a coordinación,...sen olvidarnos de pasalo ben!

viernes, 9 de marzo de 2018

"Día da MULLER" e "Semana da prensa"

Esta semana unimos "Día da Muller", "Semana da prensa", Educación Físca e Informática.
Accedemos á prensa dixital (uso dos buscadores de internet, teclado...) para buscar unha noticia deportiva importante (medalla de bronce de Ana Peleteiro). 
Dedícaselle escaso espazo á muller na prensa deportiva, que pena! 
Lemos os titulares e reproducimos o vídeo do salto  (utilizamos play, pause, pantalla completa...) 
E para rematar...a nosa versión do triplo salto en Educación Física.


viernes, 2 de marzo de 2018

Adestramento percebeiro

Saltamos de rocha en rocha como percebeiros. Hai que ter moito coidado, que traballo máis perigoso! A marea sobe e a cousa complícase, menos rochas onde poñernos a salvo.

Traballamos saltos, equilibrio dinámico, resolución de problemas e...divertímonos!

Navegando pola rede


Investigando sobre diferentes aparellos de pesca en informática