jueves, 20 de diciembre de 2018

viernes, 30 de noviembre de 2018

Mes da ciencia na aula TIC

Esta semana lemos na prensa que Europa está a perder neve. Podes ver a noticia na seguinte ligazón:  Neve 

Despois propúxenlles facer un pouco de neve e eles estiveron encantados coa idea, só necesitamos auga e bicarbonato, pura diversión!
 

jueves, 22 de noviembre de 2018

Mes da ciencia na aula TIC

Esta semana lemos na prensa dixital o que lle sucedeu ao mago Pedro Volta cando realizaba un truco de escapismo nun tanque cheo de auga. Podedes ver a noticia no seguinte enlace: Mago Pedro Volta
Despois, quixemos saber canto aire temos nos nosos pulmóns.

Fabricamos un espirómetro caseiro:
1. Graduamos unha botella con axuda dun vaso de 100 ml 
2. Enchemos a botella de auga e o recipiente. 
3. Colocamos a botella invertida dentro do recipiente.
4. Intriducimos o tubo pola boca da botella 
5. Inspiramos e a espiración facémola a través do tubo, a auga é desprazada ao tanque polo aire 
6. Comprobamos a cantidade de aire que permanece no interior da botella



lunes, 19 de noviembre de 2018

O día a día na aula tic

 Todos os días entramos nos blogues do cole para lembrar as cousas que imos facendo.
 Grafomotricidade na PDI utilizando temática do noso proxecto anual
 Visionado de videocontos
 Manexo do rato
Xogos de memoria e atención con PDI e PC

martes, 30 de octubre de 2018

ADESTRANDO PARA SAMAÍN!

QUEN DIXO MEDO?
Desmitificando os medos xogando. Atrapamos monstros, lanzamos morcegos, bailamos con pantasmas e...pasámolo de medo!

viernes, 26 de octubre de 2018

A volta ao cole

Hoxe corremos para apoiar a investigación e atopar a cura á leucemia. 
Xuntos somos máis fortes

sábado, 20 de octubre de 2018

DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN

 
  A FAO móstranos neste vídeo accións para alcanzar a ⌗famecero: comer san e non desperdiciar comida, así que esta semana desde a aula TIC propoñémosvos unha receita saudable e deliciosa para que cociñedes en familia e aproveitando eses plátanos maduros que ás veces quedan no froiteiro. Utilizando a pizarra dixital interactiva (PDI) creamos unha infogragía da receita. 

Praxia fina, concentración, atención e sobre todo...traballo en equipo! 
Ribadumia A
Leiro
Ribadumia B
Lois
Sisán

Ingredientes:1 plátano maduro, 1 ovo, 30g fariña de avea, 1/4 taza de leite
Elaboración: 
1. Bater todo excepto o aceite
2. Quentar unha tixola e poñer un pouquiño de aceite
3. Botar na tixola unha cullerada da mestura, deixar que se doure un pouquiño e darlle a volta
4. Repetir o paso 3 con toda a mestura

martes, 16 de octubre de 2018

DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN

Xa sexas un empresario, un agricultor, un representante do goberno ou un cidadán que quere cambiar as cousas, as túas accións poden contribuír á 
# FameCero!

jueves, 11 de octubre de 2018

PIZARRA DIXITAL

Grafomotricidade e circo coa pizarra dixital

EDUCACIÓN FÍSICA E CIRCO


 Montamos e desmontamos o circo
Uns montan, outros desmontan, vaia enredo pero que ben o pasamos!

 Os animais de circo permitirannos traballar desprazamentos, habilidades, xogos e moito máis pero sempre inculcando actitudes de coidado e respecto cara aos mesmos.

 Hoxe aprendemos cos elefantes










sábado, 29 de septiembre de 2018

Primeiros días

Estes días sentamos as bases para un bo funcionamento das sesións e mostramos un pouquiño do que imos facer durante durante o curso. Como xa vos dixemos estamos inmersos no proxecto do circo e para dar o pistoletazo de saída achegámonos a Vilagarcía a gozar dun espectáculo de circo. Pasámolo en grande!


 Educación Física
Educación Física

Aula TIC
Visita circo

lunes, 24 de septiembre de 2018

BENVID@S!

Outro ano máis para dar o mellor de nós mesmos.
Este ano o centro desenvolverá un proxecto centrado no circo, un proxecto que convida a experimentar e gozar, onde o importante non son os aplausos senón aprender. Aprender a facer malabares, equilibrios, acrobacias, aprender a esforzarse, a axudar, a xestionar a frustración... Todo a través do marabilloso mundo do circo.




                                           
Nós xa estamos preparados!



martes, 26 de junio de 2018

PECHADO POR VACACIÓNS

REPASAR DURANTE O VERÁN OS SEGUINTES VERBOS:
XOGAR, RIR, LER, DEBUXAR, PINTAR, ESCOITAR MÚSICA, BAILAR, INVENTAR, SOÑAR, IMAXINAR, COÑECER, EXPLORAR, EXPERIMENTAR, COMPARTIR, NADAR, AXUDAR, SALTAR, COMER SAN, CREAR, ABRAZAR, CAMIÑAR, VIAXAR...

 FELIZ VERÁN, VÉMONOS EN SETEMBRO!

viernes, 22 de junio de 2018

XOGOS DE SEMPRE

Últimas fotos dos xogos que levamos a cabo no final do curso
Desprazamentos, concentración, velocidade, memoria, atención....e moita diversión!

viernes, 15 de junio de 2018

ROBÓTICA

Seguimos aprendendo a programar a DOC


XOGOS DE SEMPRE

Nesta última semana seguimos recuperando eses xogos que tan bos momentos fixeron pasar ás familias dos nosos nenos. E como podedes comprobar, os nenos tamén o pasan pipa!





Atención, concentración, forza, coordinación, colaboración,... e risas, moitas risas!

martes, 29 de mayo de 2018

Educación Viaria

Esta semana, na aula de informática, aprendemos con xogos e vídeos un pouquiño de educación viaria. O venres puxemos en práctica o aprendido no circuíto da "III Xornada de Educación Viaria" e gozamos doutras actividades: os  Bolechas ensináronnos educación viaria da man da DXT que tamén nos deixaron probar os seus vehículos; Paco da Autoescola  Barrantes ensinounos un camión de aprendizaxe e deunos una volta; Gustavo César Veloso contounos moitas cousas interesantes sobre o seu deporte, o ciclismo; merendamos, xogamos e finalizamos con moitas risas grazas á obra de marionetas "Caperucita Peatona e o Lobo Feroz"