miércoles, 20 de diciembre de 2017
A quen lle gusta...? quen probou...?
Esta semana comezamos as nosas actividades relacionadas co Plan Proxecta "Aliméntate ben: O sabor da aventura está no mar". Os máis pequenos coñeceron aos Arroases e soubemos cales probaron e cales son os preferidos.
Xogo "A quen lle gusta...? quen probou?": a profe pregunta se probaron ou lles gusta cada un deles, se a resposta é si deben desprazarse en carreira ata a zona central e volver á súa posición. Despois serán eles quen faga as preguntas con outros produtos do mar.
lunes, 18 de diciembre de 2017
O Apalpador na aula de TIC
Estes días estivemos a traballar a figura do Apalpador, deixámosvos unha ligazón coa súa historia e un LIM con actividades interactivas.
viernes, 15 de diciembre de 2017
miércoles, 13 de diciembre de 2017
domingo, 12 de noviembre de 2017
HOLOGRAFÍA
Esta semana na aula de informática fixemos unha holografía. Podiamos ver a imaxe en 3D pero non a podiamos tocar, era como facer maxia! Deixámosvos unhas fotos, un vídeo dos nenos explicando os materiais que precisamos para facela na casa e un enlace no que se explica paso a paso como fabricala xa que algún neno estaba moi interesado en facela na súa casa.
A divertirse!
Pincha aquí para ver paso a paso
A divertirse!
Pincha aquí para ver paso a paso
miércoles, 1 de noviembre de 2017
Adestrando para Samaín
corremos polo cemiterio en busca de ósos para construír esqueletos
e buscamos á pantasma azul.
Que ben o pasamos!
Corremos, manipulamos, concentrámonos, bailamos,
lanzamos, observamos... divertímonos!
Benvid@s
Este blogue pretende ser unha xanela para mostrarvos un pouquiño
do que facemos aquí. Estades convidados a abrila cando queirades.
Un saúdo a tod@s
Suscribirse a:
Entradas (Atom)