Desprazamentos, velocidade, equilibrio, espacialidade,... e moita iluisón!
jueves, 20 de diciembre de 2018
viernes, 30 de noviembre de 2018
Mes da ciencia na aula TIC
Esta semana lemos na prensa que Europa está a perder neve. Podes ver a noticia na seguinte ligazón:
Neve
Despois propúxenlles facer un pouco de neve e eles estiveron encantados coa idea, só necesitamos auga e bicarbonato, pura diversión!
jueves, 22 de noviembre de 2018
Mes da ciencia na aula TIC
Esta semana lemos na prensa dixital o que lle sucedeu ao mago Pedro Volta cando realizaba un truco de escapismo nun tanque cheo de auga. Podedes ver a noticia no seguinte enlace: Mago Pedro Volta
Despois, quixemos saber canto aire temos nos nosos pulmóns.
Despois, quixemos saber canto aire temos nos nosos pulmóns.
Fabricamos un espirómetro caseiro:
1. Graduamos unha botella con axuda dun vaso de 100 ml
2. Enchemos a botella de auga e o recipiente.
3. Colocamos a botella invertida dentro do recipiente.
4. Intriducimos o tubo pola boca da botella
4. Intriducimos o tubo pola boca da botella
5. Inspiramos e a espiración facémola a través do tubo, a auga é desprazada ao tanque polo aire
lunes, 19 de noviembre de 2018
O día a día na aula tic
Todos os días entramos nos blogues do cole para lembrar as cousas que imos facendo.
Grafomotricidade na PDI utilizando temática do noso proxecto anual
Visionado de videocontos
Manexo do rato
Xogos de memoria e atención con PDI e PC
martes, 30 de octubre de 2018
ADESTRANDO PARA SAMAÍN!
QUEN DIXO MEDO?
Desmitificando os medos xogando. Atrapamos monstros, lanzamos morcegos, bailamos con pantasmas e...pasámolo de medo!
viernes, 26 de octubre de 2018
A volta ao cole
Hoxe corremos para apoiar a investigación e atopar a cura á leucemia.
Xuntos somos máis fortes
sábado, 20 de octubre de 2018
DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN
A FAO móstranos neste vídeo accións para alcanzar a ⌗famecero: comer san e non desperdiciar comida, así que esta semana desde a aula TIC propoñémosvos unha receita saudable e deliciosa para que cociñedes en familia e aproveitando eses plátanos maduros que ás veces quedan no froiteiro.
Utilizando a pizarra dixital interactiva (PDI) creamos unha infogragía da receita.
Praxia fina, concentración, atención e sobre todo...traballo en equipo!
![]() |
Ribadumia A |
![]() |
Leiro |
![]() |
Ribadumia B |
![]() |
Lois |
![]() |
Sisán |
Ingredientes:1 plátano maduro, 1 ovo, 30g fariña de avea, 1/4 taza de leite
Elaboración:
1. Bater todo excepto o aceite
2. Quentar unha tixola e poñer un pouquiño de aceite
3. Botar na tixola unha cullerada da mestura, deixar que se doure un pouquiño e darlle a volta
4. Repetir o paso 3 con toda a mestura
martes, 16 de octubre de 2018
DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN
Xa sexas un empresario, un agricultor, un representante do goberno ou un cidadán que quere cambiar as cousas, as túas accións poden contribuír á
# FameCero!
jueves, 11 de octubre de 2018
EDUCACIÓN FÍSICA E CIRCO
Montamos e desmontamos o circo
Uns montan, outros desmontan, vaia enredo pero que ben o pasamos!
Os animais de circo permitirannos traballar desprazamentos, habilidades, xogos e moito máis pero sempre inculcando actitudes de coidado e respecto cara aos mesmos.
Hoxe aprendemos cos elefantes
sábado, 29 de septiembre de 2018
Primeiros días
Estes días sentamos as bases para un bo funcionamento das sesións e mostramos un pouquiño do que imos facer durante durante o curso. Como xa vos dixemos estamos inmersos no proxecto do circo e para dar o pistoletazo de saída achegámonos a Vilagarcía a gozar dun espectáculo de circo. Pasámolo en grande!
Educación Física
Educación Física
Visita circo
lunes, 24 de septiembre de 2018
BENVID@S!
Outro ano máis para dar o mellor de nós mesmos.
Este ano o centro desenvolverá un proxecto centrado no circo, un proxecto que convida a experimentar e gozar, onde o importante non son os aplausos senón aprender. Aprender a facer malabares, equilibrios, acrobacias, aprender a esforzarse, a axudar, a xestionar a frustración... Todo a través do marabilloso mundo do circo.

Este ano o centro desenvolverá un proxecto centrado no circo, un proxecto que convida a experimentar e gozar, onde o importante non son os aplausos senón aprender. Aprender a facer malabares, equilibrios, acrobacias, aprender a esforzarse, a axudar, a xestionar a frustración... Todo a través do marabilloso mundo do circo.

martes, 26 de junio de 2018
PECHADO POR VACACIÓNS
REPASAR DURANTE O VERÁN OS SEGUINTES VERBOS:
XOGAR, RIR, LER, DEBUXAR, PINTAR, ESCOITAR MÚSICA, BAILAR, INVENTAR, SOÑAR, IMAXINAR, COÑECER, EXPLORAR, EXPERIMENTAR, COMPARTIR, NADAR, AXUDAR, SALTAR, COMER SAN, CREAR, ABRAZAR, CAMIÑAR, VIAXAR...
FELIZ VERÁN, VÉMONOS EN SETEMBRO!
viernes, 22 de junio de 2018
XOGOS DE SEMPRE
Últimas fotos dos xogos que levamos a cabo no final do curso
Desprazamentos, concentración, velocidade, memoria, atención....e moita diversión!
viernes, 15 de junio de 2018
XOGOS DE SEMPRE
Nesta última semana seguimos recuperando eses xogos que tan bos momentos fixeron pasar ás familias dos nosos nenos. E como podedes comprobar, os nenos tamén o pasan pipa!
Atención, concentración, forza, coordinación, colaboración,... e risas, moitas risas!
martes, 29 de mayo de 2018
Educación Viaria
Esta semana, na aula de informática, aprendemos con xogos e vídeos un pouquiño de educación viaria. O venres puxemos en práctica o aprendido no circuíto da "III Xornada de Educación Viaria" e gozamos doutras actividades: os Bolechas ensináronnos educación viaria da man da DXT que tamén nos deixaron probar os seus vehículos; Paco da Autoescola Barrantes ensinounos un camión de aprendizaxe e deunos una volta; Gustavo César Veloso contounos moitas cousas interesantes sobre o seu deporte, o ciclismo; merendamos, xogamos e finalizamos con moitas risas grazas á obra de marionetas "Caperucita Peatona e o Lobo Feroz"



Suscribirse a:
Entradas (Atom)