A FAO móstranos neste vídeo accións para alcanzar a ⌗famecero: comer san e non desperdiciar comida, así que esta semana desde a aula TIC propoñémosvos unha receita saudable e deliciosa para que cociñedes en familia e aproveitando eses plátanos maduros que ás veces quedan no froiteiro.
Utilizando a pizarra dixital interactiva (PDI) creamos unha infogragía da receita.
Praxia fina, concentración, atención e sobre todo...traballo en equipo!
Ribadumia A |
Leiro |
Ribadumia B |
Lois |
Sisán |
Ingredientes:1 plátano maduro, 1 ovo, 30g fariña de avea, 1/4 taza de leite
Elaboración:
1. Bater todo excepto o aceite
2. Quentar unha tixola e poñer un pouquiño de aceite
3. Botar na tixola unha cullerada da mestura, deixar que se doure un pouquiño e darlle a volta
4. Repetir o paso 3 con toda a mestura
No hay comentarios:
Publicar un comentario